Xornadas sobre Comunidades Enerxéticas e Autoconsumo

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornadas sobre Comunidades Enerxéticas e Autoconsumo

2 Setembro, 2022 - 11:30 a.m. | 2:00 p.m.

As Comunidades Enerxéticas son entidades xurídicas de participación voluntaria e aberta, onde o control efectivo exérceno membros que poden ser persoas físicas, pymes ou autoridades locais.

Os membros implícanse de maneira directa na planificación e implementación das medidas que levarán a cabo para a implantación de enerxías renovábeis na produción, consumo e/ou comercialización de enerxía eléctrica, térmica (calefación), mecáncia ou combustible (biogás), así como no desenvolvemento de medidas de eficiencia enerxética ou de mobilidade sostible.

As comunidades empregan recursos locais que teñen ao seu alcance e dos que poden dispor (enerxía eólica, solar, biomasa, etc.). Con isto consiguen autonomía e fomentan o aforro enerxético e contribúen ao desenvolvemento da xeración distribuida, a reducir a dependencia enerxética do exterior e cumplir os obxectivos enerxéticos e medioambientais fixados para reducir o impacto medioambiental.

O obxectivo social das comunidades enerxéticas é o de ofrecer beneficios enerxéticos á comunidade, dos que se derivan tamén importantes metas medioambientais, económicas ou sociais para os membros da comunidade ou da localidade.

Detalles

Data:
2 Setembro, 2022
Hora:
11:30 a.m. | 2:00 p.m.
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://www.cluergal.org/archivos/2648

Protagonista

CLUERGAL
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Sede Afundación Pontevedra
Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra
Pontevedra, Pontevedra 36001 España
+ Google Map