Estas xornadas, que acadan a súa decimo sesta edición, están xa arraigadas coma un importante encontro internacional entre investigadores, profesionais e usuarios da tecnoloxía láser aplicada ao procesado de materiais. Trátase dunha cita ineludible na que se presentan os derradeiros avances en tecnoloxía láser con aplicación industrial.