XXV Foro Tecnolóxico de Emprego

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XXV Foro Tecnolóxico de Emprego

11 Marzo, 2025 - 10:00 a.m. | 12 Marzo, 2025 - 8:00 p.m.
Logotipo XXV Foro Tecnolóxico de Emprego

A XXV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego celebrarase o 11 e 12 de marzo de 2025 nas tres escolas de enxeñería do Campus Vigo Tecnolóxico. Este evento facilita a conexión entre empresas líderes e futuros e futuras profesionais.

O Foro Tecnolóxico de Emprego nace no ano 2001 a partir da unión das delegacións de alumnado das tres escolas e xorde da necesidade de achegar as empresas líderes no sector tecnolóxico ao alumnado. No pasado, estas empresas atopábanse distantes, non só da universidade, senón tamén entre si. Xurdiu así a idea de reunilas nunha contorna unificada, presentando unha visión global das perspectivas laborais para o sector.

Ao longo dos anos, este evento evolucionou, mantendo a súa esencia de ser unha iniciativa estudantil para o beneficio do estudantado universitario, ofrecendo un espazo vital para conectar teoría e práctica no ámbito laboral.

Detalles

Protagonista

Recinto