Nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, foro de referencia do sector TIC en Galicia que organizan o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
Este ano a Noite terá lugar o venres 23 de setembro na cidade de Vigo, e como en edicións anteriores, no acto converxerán os profesionais, as empresas e as entidades máis representativos do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tanto de Galicia como a nivel nacional ou internacional. Celebrarase tamén o acto de entrega dos tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022 que recoñecen ás empresas, profesionais e entidades que traballan a favor do progreso tecnolóxico de Galicia e realizan boas prácticas no sector.