O Foro Tecnolóxico de Emprego cumpre 20 anos cunha edición repleta de novidades.

Vigo TecnolóxicoActualidadeO Foro Tecnolóxico de Emprego cumpre 20 anos cunha edición repleta de novidades.

Do 4 ao 6 de marzo nas escolas de Enxeñaría de Minas e Enerxía e Enxeñería Industrial.

En 2019 recolléronse 1500 currículos e este ano está confirmada a participación de 40 empresas.

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de marzo as tres escolas de enxeñaría do campus abren as súas portas a unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, unha actividade que este ano cumpre 20 anos e que chega repleto de novidades, pero co mesmo obxectivo co que naceu: abrirlle as portas ao mundo laboral ao alumnado das titulacións tecnolóxicas e axudalos a orientar os seus estudos. “Un ano máis queremos ofrecerlle a estes estudantes a posibilidade de relacionarse con diferentes empresas do sector, entregar o seu currículo, ensinarlle os mellores xeitos de afrontar unha entrevista de traballo ou como deixar a un lado o medo de adentrarse no mundo laboral”, explica Candela Janeiro, estudante da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que, tras varios anos formando parte da organización, este ano asumiu a coordinación xeral dun foro, “organizado por e para o propio alumnado”.

Máis información.