O MTI, sede de Cintecx, será o primeiro edificio da UVigo con xemelgo dixital

Vigo TecnolóxicoActualidadeO MTI, sede de Cintecx, será o primeiro edificio da UVigo con xemelgo dixital

Esta proposta foi a gañadora da 1ª edición do Desafío Cintecx, dotado con 25.000 euros. Este proxecto facilitará a monitoraxe de todas as condicións ambientais destas instalacións.

O MTI, sede de Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, converterase antes de finais de ano no primeiro edificio da Universidade de Vigo cun xemelgo dixital, unha réplica virtual realizada a imaxe e semellanza do propio edificio, o que facilitará o control en tempo real da calidade do aire do interior das instalacións, incluíndo parámetros como os niveis de dióxido de carbono, temperatura, humidade ou gas radon, factores clave para garantir as cuestións relacionadas coa saúde e a eficiencia enerxética destas instalacións. Este traballo é a proposta gañadora do Desafío Cintecx 2020, un concurso de ideas e proxectos financiado por Cintecx con 25.000 euros, cantidade que se destinará integramente ao desenvolvemento deste proxecto.

Máis información