Imaxe: Duvi
Un samaín científico en Pediatría do Álvaro Cunqueiro
Estudantes de Enxeñaría Biomédica comparten o seu tempo con nenos e nenas ingresados
Hai tres anos naceu un proxecto de aprendizaxe-servizo que involucra a estudantes do grao en Enxeñaría Biomédica da EEI: durante o primeiro cuadrimestre do curso achéganse ao hospital Álvaro Cunqueiro para compartir as súas tardes con pacientes da área pediátrica. Para nenos e nenas, ademais de diversión e aprendizaxe, tamén supón rachar coa rutina.
A iniciativa foi posta en marcha por Eduardo Suárez Porto, profesor do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos. Explica que a finalidade é que o alumnado de 3º curso deste grao poida poñer en práctica conceptos de mecánica de fluídos e, ao mesmo tempo, adquirir competencias relacionadas co compromiso ético, a responsabilidade social ou o traballo en equipo. Xustamente, facer un servizo á comunidade é a esencia dunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo (APS). Ademais de achegar coñecementos científicos a estes e estas pacientes, axúdanlles a distraerse das rutinas médicas e reducir a súa ansiedade. A actividade comezou este pasado luns e estenderase ata finais de ano. Outras da propostas coas que puideron xogar as nenas e nenos foi o que se coñece como fonte de Herón que funciona de forma autónoma e unha copa de Tántalo que, como detalla Suárez Porto, “impide aos avariciosos encher a copa máis da conta”. Tampouco faltaron, engade, “experimentos clásicos como o da auga con maizena, un dos máis divertidos e, á súa vez, ‘sucios’, que consiste en mesturar ambos compoñentes ata conseguir unhas propiedades que o converten nun fluído non newtoniano, que se comporta como un sólido ante esforzos elevados e como un fluído cando se lle exercen forzas pequenas.
Altas cifras de voluntariado na materia de Mecánica de Fluídos
Esta primeira semana contou coa participación de dez estudantes, e foi o primeiro de 18 grupos inscritos nesta edición. Aproveitando a proximidade do Samaín, varias alumnas acudiron caracterizadas de bruxas para teatralizar de xeito máis ameno as explicacións e os experimentos. Nenos e nenas puideron ver lume dentro dun vaso ou construír unha lámpada de lava con aceite, unha pastilla efervescente e colorante. Outras da propostas coas que puideron xogar as nenas e nenos foi o que se coñece como fonte de Herón que funciona de forma autónoma e unha copa de Tántalo que, como detalla Suárez Porto, “impide aos avariciosos encher a copa máis da conta”. Tampouco faltaron, engade, “experimentos clásicos como o da auga con maizena, un dos máis divertidos e, á súa vez, ‘sucios’, que consiste en mesturar ambos compoñentes ata conseguir unhas propiedades que o converten nun fluído non newtoniano, que se comporta como un sólido ante esforzos elevados e como un fluído cando se lle exercen forzas pequenas.
Suárez Porto, que coordina esta iniciativa en colaboración con Christian Gil e Marcos Conde, todos docentes da Escola de Enxeñería Industrial e investigadores do CINTECX e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, amósase moi satisfeito coa implicación do seu alumnado con este proxecto. Con 50 estudantes inscritos, supón máis do 80% do alumnado matriculado na materia de Mecánica de Fluídos, cifra aínda máis positiva tendo en conta que a actividade é voluntaria e non realizala non penaliza na avaliación.
A actividade é unha das seleccionadas dentro da convocatoria de Proxectos aprendizaxe servizo 2024-25 no marco da Axenda 2030 e dos seus ODS e obtivo apoio económico a través da Convocatoria de axudas económicas para as actividades dos GID 2024.
Este é o terceiro ano que o alumnado de Enxeñaría Biomédica participa nesta proposta e, nesta edición, presentouse á III Edición do premio galego de educación para o desenvolvemento e cidadanía global e está presente no Mapa de experiencias de educación para a cidadanía global – Cénit.
Máis información