Axenda

5G COMO IMPULSO DA ECONOMÍA DIXITAL

Online

Primeira sesión dun conxunto de actividades relacionadas co 5G impulsadas polo nodo 5g, o obxectivo desta sesión é establecer as bases para un coñecemento mínimo de cara as seguintes sesións nas que se mostrarán conceptos e prácticas coa rede  5G.

III Summer Undergraduate Fellowship Program

Online

A Fundación Barrié convoca a III edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa internacional de estancias de investigación durante os meses de verán, dirixido a estudantes universitarios galegoas da área de ciencias da vida. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 30 de xaneiro.

Presentación do Portal da Investigación da Universidade de Vigo

Edificio Miralles UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

A sala 1 do edificio Miralles acolle a presentación á comunidade universitaria do Portal da Investigación da Universidade de Vigo, que reúne a produción científica xerada polo persoal docente e investigador da UVigo e xurde co obxectivo de difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de I+D+i.

CURSO FORMACIÓN EXCEL MEDIO

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

Curso de Excel para persoal investigador.

Curso: Experto en Tecnoloxías Cuánticas da Información

Online

Este curso, que se certificará co título de experto en Tecnoloxías cuánticas da información, introducirá ao alumnado nestas novas tecnoloxías que serán imprescindibles nos próximos anos para poder así dar resposta á demanda empresarial que require de profesionais competentes en tecnoloxías cuánticas en Galicia, agora que a comunidade busca converterse nun referente europeo e internacional […]

I Encontro da Rede Transfronteiriza de Biomasa

Pazo da Oliva Rúa de la oliva, 2, 36202 Vigo, Pontevedra, Vigo, Pontevedra, España

O próximo 1 de febreiro celebrarase o 1º Encontro da Rede Transfronteiriza de Biomasa no Pazo da Oliva en Vigo a partir das 09:30 h, no que se presentarán as actividades do proxecto Biomasa CAP. Ofrecerase un espazo para que os membros da Rede expoñan algunha iniciativa na que estan involucrados. Ademais, se dará paso […]

Curso Intelixencia Artificial con Deep Learning

Online

Unha introdución práctica ao Deep Learning, onde, ademais das técnicas de preparación da información, se presentan os compoñentes fundamentais dunha rede neuronal e os procesos de deseño e adestramento da rede.

Tecnolóxicas Week

Deputación de Pontevedra Avda. Montero Ríos, s/n, 36071, Pontevedra, Pontevedra, Pontevedra

Mesa Coloquio con Mulleres Tecnólogas. Será o próximo venres e consistirá nun encontro empresarial con mulleres de referencia no sector. Amparo Alonso, Lorena Rosende, Marta Judith Fernández Docampo e Iciar Balza Echeita analizarán os retos de tecnoloxías disruptivas como a #IntelixenciaArtificial, á vez que porán o foco en como conseguir unha maior presenza de mulleres en postos técnico-tecnolóxicos.

III Xornada Hidróxeno Verde en Galicia (H2GAL)

Círculo de Empresarios de Galicia Avda. de García Barbón 62. 36201 Vigo, Vigo, Pontevedra, Spain

O vindeiro 10/02 celebrarase en Vigo a III Xornada sobre hidróxeno verde en Galicia, oragnizada polo Clúster de Enerxías Renovábeis de Galicia (Cluergal) en colaboración coa Xunta de Galicia. As poñencias, impartidas por referentes del sector, celebraranse previamente ao evento Enerxéticos 2023, que reunirá en formato xantar, a unha gran parte do sector enerxético galego.

Enerxéticos 2023

Círculo de Empresarios de Galicia Avda. de García Barbón 62. 36201 Vigo, Vigo, Pontevedra, Spain

O próximo venres 10 de febreiro celebrarase en Vigo o evento ENERXÉTICOS 2023. Será na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Rúa García Barbón, 62, Vigo) a partir das 14:00, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e a revista de enxeñaría e enerxía Dínamo Técnica.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.