GaliciaTIC
Ciudad de la Cultura de Galicia Monte Gaiás, Santiago de Compostela, A Coruña, EspañaEvento de referencia tecnolóxica das TIC en Galicia centrado nesta edición na transformación dixital.
Evento de referencia tecnolóxica das TIC en Galicia centrado nesta edición na transformación dixital.
O experto en 5G, Óscar García Cantón, centrará a súa exposición nas funcionalidades da tecnoloxía 5G sostibles para a contorna natural, os beneficios medioambientais a través da aplicación da 5G en diferentes sectores económicos e a explicación dalgúns casos de uso. Presencial e en streaming.
A party informática XGN R Encounter é unha reunión multitudinaria de persoas afeccionadas e profesionais da informática e as TIC que buscan intercambiar coñecementos e desenvolver actividades relacionadas con este eido.
Gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia na que están presentes destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC. Este ano celébrase o 25 aniversario do evento baixo o eslogan Liderando a transformación dixital galega.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo colabora con Orange e Optare Solutions no impulso dun hackathon tecnolóxico para que distintos equipos evalúen as prestacións que se poden ofrecer a través dunha rede 5G. En particular, búscase a súa aplicación no eido da Industria 4.0 contando para iso coa participación de Ancora.
GALICIA INNOVATION DAYS 2021: Towards Horizon Europe é un evento internacional, virtual e gratuíto que contará cunha serie de paneis de discusión, presentacións de casos de éxito, obradoiros e reunións para explorar futuros proxectos de colaboración entre universidades e empresas ao abeiro do programa marco da UE Horizonte Europa.
Co obxectivo de abrir os laboratorios á cidadanía e achegar a investigación científica e tecnolóxica á sociedade naceu en 2018 o programa Divulgando Ciencia Singular, unha iniciativa para que os centros de investigación da Universidade de Vigo dean a coñecer de primeira man o traballo que desenvolven. O Cintecx (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxías […]
O evento "Tecno-Startups: Oportunidades e modalidades de financiamento para startups tecnolóxicas" busca visibilizar como atraer a atención de fondos, “ family offices” e investidores privados e institucionais ao ecosistema de startups de Galicia.
Encontro que aglutinará a entidades referentes no eido da ciberseguridade como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), así como ás principais empresas do ecosistema e a axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
VI edición do Fórum RIES (Retos Internacionais do Ecosistema Saúde), evento máis importante do ecosistema de saúde de Galicia. Este ano a temática principal estará centrada na revolución dixital da atención sanitaria e os coidados.
Concurso anual de axudas para o desenvolvemento de proyectos de I+D colaborativos entre os diferentes grupos de investigación integrados no Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da UVigo.
A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, celebra a 3ª edición do workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, baixo o lema Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas. Cunha modalidade semipresencial, o obxectivo é manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado […]