Axenda

  • Webinar: Digital Identity, Data Privacy and Authentication

    AidFork organiza o seminario web "Identidade Dixital, Privacidade e Autenticación de Datos: unha visión xeral multifacética" para reunir ás partes interesadas clave da industria e aos axentes académicos e gubernamentais que desempeñan un papel na transformación dixital. Inscrición previa aquí.

  • Presentación curso 2021/2022

    Xornadas de benvida ao novo curso 2021/2022 das tres Escolas de Enxeñaría do Campus Vigo Tecnolóxico (Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Escola de Enxeñaría Industrial e Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía), como apertura previa ao comezo oficial da actividade docente o luns 13 de setembro de 2021.

  • Mindtech

    IFEVI Avda. do Aeroporto, 772, Vigo, Pontevedra, España

    Metal Industry and Technologies International Trade Fair (Mindtech) é a feira referente do sector industrial do Polo Ibérico, de periodicidade bienal, na que están presentes as empresas líderes do sector industrial do metal e as súas tecnoloxías asociadas, a nivel nacional e internacional.

  • Simposio Nacional URSI 2021

    Online

    O Simposio Nacional da Unión Científica Internacional de Radio (URSI) é o foro de periodicidade anual de referencia para a comunidade investigadora e tecnóloga de universidades e empresas do sector TIC.

  • G-Night: Noite Galega das Persoas Investigadoras

    Evento que busca dar a coñecer o valor do traballo desenvolvido polos científicos e científicas, así como a importancia desta actividade para a sociedade. Baixo o lema Conciencias creativas, celébrase en toda Galicia, así como en 360 localidades de toda Europa, onde se levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares.

  • BIOSPAIN 2021

    Baluarte Plaza del Baluarte s/n, Pamplona, Navarra, España

    BIOSPAIN é o evento biotecnolóxico máis grande organizado por unha asociación nacional de bioindustria en Europa, e un dos principais do mundo polo número de reunións one-to-one (+3.300) e empresas participantes (+773). A Universidade de Vigo formará parte da delegación galega integrada polas tres universidades (USC, UDC e UVigo), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), […]

  • Presentación do Tech Challenge da ETT

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Organizado pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, o Hewlett Packard Tech Challenge consiste nun conxunto de probas que han de superarse durante 3 fases (retos, conflicto e hackaton) dende novembro de 2021 ata abril de 2022. Á última fase chegarán os 5 equipos que consigan mellor valoración nas etapas anteriores, para competir durante […]