- Este evento pasou.
Charla: Experiencias dun Trackside systems engineer

O Máster en Enxeñaría da Automoción organiza unha nova sesión do ciclo CHIA – Charlas en Enxeñaría da Automoción, que buscan achegar ao alumnado e á comunidade universitaria a profesionais do sector.
Nesta ocasión contará coa participación de Matías Écija, Trackside Systems Engineer, que compartirá a súa experiencia traballando na Fórmula 1.
Detalles da charla:
- Título: Experiencias como Trackside Systems Engineer
- Ponente: Matías Écija, Trackside Systems Engineer
- Fecha: xoves, 5 de marzo
- Hora: 16:00 horas
- Lugar: Aula de Grao – EEI – Sede Campus (o relator participará de forma online)
A actividade está aberta a toda a comunidade universitaria.
Para asistir é preciso inscribirse previamente a través desta ligazón:
👉 Formulario de inscrición (https://forms.gle/o67Uf6JLnLZag5Zv7)
Desde o Máster en Enxeñaría da Automoción poranse en contacto coas persoas admitidas para confirmar a súa praza.
📌 Cartel da charla: Ver cartel


