Acto de presentación: rede experimental 5G e 6G da Universidade de Vigo

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Acto de presentación: rede experimental 5G e 6G da Universidade de Vigo

Febreiro 25 - 10:30 a.m. | 2:00 p.m.
Acto de presentación Rede experimental 5G e 6G da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo e o Centro de Investigación atlanTTic organizan o acto de presentación da Rede experimental 5G e 6G da UVigo, unha iniciativa clave para impulsar as infraestruturas de investigación e o desenvolvemento das redes avanzadas de comunicación.

📅 Data: mércores 25 de febreiro de 2026
⏰ Horario: 10:30 – 12:40 h
📍 Lugar: Edificio Redeiras da UVigo, Sala de Exposicións (andar 3)

Durante a xornada abordarase os retos e oportunidades das redes 5G e a súa evolución cara ao 6G, así como o papel das redes privadas e públicas como facilitadoras tecnolóxicas para a industria e a sociedade.

Programa:

  • 10:30-10:40 h – Apertura institucional.
  • 10:40-11:00 h – O programa UNICO e a importancia das infraestruturas de investigación.
  • 11:00-11:20 h – Rede UNICO 5G da UVigo (DEN6 e mmDEN6). Felipe Gil Castiñeira, atlanTTic, UVigo.
  • 11:20-11:40 h – Evolución das redes 5G cara ao 6G. Alejandro Alonso Portero, Telefónica.
  • 11:40-12:30 h – Mesa redonda: “As redes 5G experimentais como impulsores do I+D”.
  • 12:30-12:40 h – Peche institucional.
  • 12:40-13:40 h – Aperitivo e networking.

Inscrición no evento

Detalles

Protagonista

Recinto

  • Edificio Redeiras
  • Praza do Berbés, 11
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map