
O vindeiro martes 24 de febreiro o Edificio Redeiras acollerá unha sesión de presentación dos detalles da convocatoria Doutoramentos Industriais 2026 da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Será a cargo de persoal da propia axencia.
Os posibles beneficiarios destas axudas son, simultaneamente, Universidades do SUG, persoal investigador e empresas ou centros tecnolóxicos. As axudas, de ata catro anos de duración, cobren o custo do contrato do persoal investigador, estadías, viaxes, pequeno equipamento, material funxible, formación e matrícula, entre outros. O número de axudas convocadas é de quince (doce cando participa unha empresa e tres no caso dun centro tecnolóxico). O prazo de solicitudes remata o 27/03/2026.
En vésperas da súa publicación, o 24 de febreiro, o Edificio Redeiras (Ribeira do Berbés, 11, Vigo) acollerá unha presentación cos detalles da convocatoria entre as 11:00 e as 12:00 h.
O texto da convocatoria, un resumo e o procedemento de solicitude pódense atopar nesta ligazón. Será publicada no DOG o 27/02/2026.
A asistencia á presentación está aberta ao persoal investigador, empresas e centros tecnolóxicos e non é necesaria a inscrición previa.