XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego

Febreiro 24 | Febreiro 25
XXVI Foro Tecnoloxico de Emprego

O Foro Tecnolóxico de Emprego naceu hai máis de 25 anos na Universidade de Vigo como unha iniciativa estudantil cunha idea moi clara: conectar o talento universitario coas empresas do sector tecnolóxico e industrial.

Hoxe é o foro de emprego universitario máis relevante de Galicia e un dos máis importantes de España, ademais de ser o maior evento deste tipo organizado integramente por estudantes.

Cada edición reúne a miles de estudantes e egresados con empresas líderes que buscan talento novo, impulsar a innovación e reforzar a colaboración entre universidade e empresa. Un evento feito por e para estudantes, pensado para facilitar un primeiro paso real e próximo cara ao mundo profesional.

Do 24 ao 25 de febreiro de 2026 celebrarase o seu XXVI edición, con casetas repartidas entre a Escola de Enxeñería Industrial e a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía.

Más información en https://www.forotecnoloxico.net/

Detalles

Protagonista

Recinto