
A Noite europea das persoas investigadoras é un evento de divulgación científica da Unión Europea, asociada ás Marie Sklodowska Curie Actions (identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2023-CITIZENS-01. Marie Skłodowska Curie Actions European Researchers’ Night 2024-2025). Este ano 2025, Galicia únese por quinta vez a centos de cidades europeas que tamén celebran actividades no marco desta iniciativa europea.
A Noite galega das persoas investigadoras 2025 ofréceche, o 26 de setembro, actividades gratuítas nas sete citades de Galicia nas que os investigadores e as investigadoras das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos darán a coñecer o seu traballo á cidadanía.
En Vigo, ademais doutras actividades en diversos lugares, igual ca en edicións anteriores, o Edificio Redeiras, na Praza do Berbés, acollerá unha feira científica a partir das 17 h.