Xornada “O futuro da enxeñería” – ICOIIG

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada “O futuro da enxeñería” – ICOIIG

26 Setembro, 2025 - 9:00 a.m. | 6:00 p.m.
Xornada "O futuro da enxeñería"

Organizada polo Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG) con motivo do seu 75º Aniversario.

Este evento reunirá a profesionais, persoal directivo e persoal académico de primeiro nivel para reflexionar sobre os retos e oportunidades que afronta a enxeñería nos vindeiros anos.

Durante toda unha xornada desenvolveranse mesas redondas e relatorios que abordarán temas clave como: O futuro do ensino da enxeñería, a xestión do talento e os recursos humanos no sector, a enxeñería industrial na empresa, as novas tendencias en innovación, dixitalización e Industria 5.0.

O programa contará coa participación de destacados relatores de empresas e entidades de referencia como SEAT, Ence, FCC, CTAG, Ibercisa, KELEA, Hydnum Stell&Russula, así como representantes do ámbito universitario e do ICOIIG.

A xornada será tamén unha excelente oportunidade para o networking e o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes do sector.

O programa previsto é o seguinte:

EEI – SEDE CAMPUS (Salón de Actos)

  • 9:00 – 9:30 horas – Recepción dos participantes.
  • 9:30 horas – APERTURA
    D. Julio García Cordonié. Decano do ICOIIG e presidente da Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia (AIIG).
    D. José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
  • 9:50 – 11:00 horas – 1ª MESA REDONDA: FUTURO DA ENSINANZA DA ENXEÑERÍA
    D. José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
    D. Vicente Díaz Casas. Director da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol.
    D. Juan Blanco Lino. Secretario Técnico do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Industriales (CGCOII).
  • 11:00 – 12:00 horas – RELATORIO: O FUTURO DA ENXEÑERÍA
    D. Antonio Casal Alonso. Director Territorial de Ence en Galicia.
  • 12:00 – 12:30 horas – PAUSA CAFÉ
  • 12:30 – 13:30 horas – 2ª MESA REDONDA: TALENTO NA ENXEÑERÍA
    D. Juancho Armental. CEO de Arestora.
    D. Fernando Caamaño. Director de RRHH de FCC Medio Ambiente.
    Dña. Patricia Vázquez. Directora de Talento en Hydnum Steel& Russula.
  • 13:30 – 15:30 horas – PAUSA XANTAR
  • 15:30 – 16:30 horas – RELATORIO ENXEÑERÍA INDUSTRIAL 5.0
    D. Ignacio Suárez López. Head of AI, Data & Hyperautomation at SEAT,SA.
  • 16:30 – 17:30 horas – 3ª MESA REDONDA: ENXEÑERÍA INDUSTRIAL EN EMPRESA
    D. Carlos Prado. Catedrático Organización de Empresas da Universidade de Vigo.
    D. Óscar Naveiras. Ceo de KELEA.
    Dña. Ana María Paul. Directora Innovación Tecnolóxica en CTAG.
    D. Roberto Rodríguez. CEO de Ibercisa.
  • 17:30 – 18:00 horas – CHARLA: O FUTURO DA ENXEÑERÍA INDUSTRIAL. RETOS DOS PROXIMOS 75 ANOS
    D. Julio García Cordonié. Decano do ICOIIG e Presidente da AIIG.
  • 18:00 horas – PECHE XORNADA

Convidámoste a formar parte desta xornada única, na que poderás escoitar a referentes da enxeñería, debater sobre os grandes retos da profesión e compartir experiencias con compañeiros e compañeiras e profesionais do sector.
A túa participación é clave para construír xuntos o futuro da enxeñería!

Podes consultar máis información e rexistarte en O futuro da enxeñería.

Detalles

Protagonista

Recinto