- Este evento pasou.
Graduación EEI 2026

Están en marcha os preparativos para o acto de graduación do curso 2025/26.
A data prevista para a celebración deste acto é o luns 8 de xuño de 2026.
Para que poidades asistir ao acto de graduación, debedes facer o rexistro neste formulario do 6 de abril ao 4 de maio e cumprir os requisitos que se detallan a continuación.
Requisitos para graduarse:
- Estar matriculado nunha titulación da EEI.
- Estar matriculado de todas as materias do último curso salvo do TFG e das Prácticas en empresa.
- O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, 180 dos créditos totais no momento de cursar a solicitude.
Importante! A distribución das localidades no auditorio destinadas aos familiares realizarase segundo a orde de inscrición do alumnado. Ademais, establecerase un número máximo de invitacións por estudante, determinado en función do número de inscricións e a capacidade do auditorio.


