- Este evento pasou.
Xornada de Avaliación do Programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DocTIC)

O vindeiro mércores 10 de xuño celebrarase a Xornada de Avaliación do Programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DocTIC).
No marco deste evento, terá lugar unha conferencia que pode resultar de interese para o persoal investigador da Universidade de Vigo, en particular para estudantes de doutoramento.
- Título: From Networks We Build to Networks That Understand, Reason, and Adapt
- Relator convidado: Rui Lopes Campos, profesor na Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto, e investigador sénior no INESC TEC.
- Data: mércores 10 de xuño de 2026
- Hora: 12:00 – 13:00 h
- Lugar: salón de Actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET), Universidade de Vigo
Inscrición:
É preciso rexistrarse a través do seguinte formulario: Formulario de inscrición.


