Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O Destornillo: 125 anos de estudos industriais

Outubro 29 - 7:30 p.m. | 8:30 p.m.
Exposición 125 anos d'O Destornillo

125 anos do inicio dos estudos de industriais en Vigo: recuperando unha das súas tradicións estudantís máis emblemáticas.

Unha viaxe ao pasado a través das lembranzas e das historias que marcaron varias xeracións de estudantes. A Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Cidade acollerá a presentación dunha exposición dedicada ao Destornillo, unha iniciativa que permitirá achegar ás novas xeracións unha parte da historia da Escola e da súa vinculación coa cidade de Vigo.

O Destornillo naceu en 1954 da man do alumnado da antiga Escola de Peritos Industriais de Vigo e axiña se converteu nunha celebración que transcendeu o ámbito académico. As súas características carrozas, construídas con cartón, ferro e outros materiais, percorrían as rúas da cidade facendo do humor, da sátira e da creatividade unha forma de expresión e de crítica social.

Baixo o lema «Contra todo, porque si», esta festa foi durante anos un símbolo da irreverencia e do espírito participativo do estudantado, deixando unha pegada singular na vida universitaria e cultural de Vigo.

A conmemoración dos 125 anos ofrece tamén unha oportunidade para lembrar as orixes dos estudos industriais na cidade e poñer en valor o legado das xeracións que contribuíron á historia da Escola. A presentación da exposición contará coa participación de protagonistas históricos do Destornillo, que compartirán as súas experiencias e lembranzas arredor dunha celebración que marcou toda unha época.

Programa do acto

  • Benvida ao acto de inauguración da Exposición.
  • Presentación da Exposición sobre “O Destornillo”: cabalgata e revista.
  • Intervencións de participantes históricos en “O Destornillo”.
  • Inauguración da Exposición.
  • Peche do acto.

Información do acto

📅 Data: Xoves, 29 de outubro de 2026.
🕓 Horario: 19:30 – 20:30 horas.
📍 Lugar: EEI – Sede Cidade.
👥 Organiza: COITIVIGO.

Detalles

Protagonista

Recinto