Cargando eventos

« Todos os eventos

Xornada de Ciencia Aberta CINTECX 2026

Novembro 6 - 10:00 a.m. | 8:00 p.m.
Xornada de Ciencia Aberta CINTECX 2026

O próximo 6 de novembro, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais do Campus Vigo Tecnolóxico, CINTECX, celebrará as súas xornadas anuais de ciencia aberta co obxectivo de achegar a ciencia e a innovación á sociedade.

Por primeira vez, a cita celebrarase n’O Tinglado do Porto de Vigo, cunha programación que combinará actividades prácticas, demostracións tecnolóxicas e experiencias participativas.

Unha trintena de investigadoras e investigadores mostrarán o seu traballo en áreas punteiras como as enerxías renovables, o aproveitamento de recursos naturais, a fabricación avanzada, as tecnoloxías de propulsión limpas e a intelixencia artificial.

📅 Venres 06 de novembro
🕘 10:00h
🏫 Centros de secundaria e bacharelato

📅 Venres 06 de novembro
🕓 17:00h
👥 Público Xeral

📍 Localización: O Tinglado do Porto de Vigo

Detalles

Recinto