Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Que hai detrás da recuperación dunha auténtica xoia da automoción?

Novembro 18 - 5:00 p.m. | 6:30 p.m.
Relatorio "Que hai detrás da recuperación dunha auténtica xoia da automoción?"

O mércores 18 de novembro, o Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción da Universidade de Vigo organiza unha visita técnica ao taller de Juan Lumbreras, referente internacional na restauración de vehículos clásicos en Vigo.

Baixo o título «El arte de revivir joyas», esta visita permitirá coñecer de primeira man o traballo artesanal e técnico que hai detrás da recuperación de automóbiles históricos de marcas tan emblemáticas como Jaguar, Porsche, Ferrari ou Aston Martin.

Enxeñería de precisión, mecánica tradicional, técnicas de chapa e pintura… Un percorrido polos coñecementos, procesos e desafíos que permiten devolver a estes vehículos o seu esplendor orixinal.

📅 18 de novembro de 2026.

🕔 17:00 horas.

📝 Inscrición: https://forms.gle/HpwSCWERx3brxrrC8

⏳ Prazo de inscrición: ata o 15 de novembro.

Protagonista

Recinto