A investigadora de CINTECX, Aida María Díez Sarabia presentará o relatorio Auga limpa e enerxía verde no festival Pint of Science o vindeiro 14 de maio no bar El Castro (Paseo de Afonso XII, 2, Vigo).
Sobre Aida María Díez Sarabia (CINTECX, Universidade de Vigo):
Investiga Procesos de Oxidación Avanzada (POAs) para degradar contaminantes en augas residuais. Tamén traballa na xeración de H2 mediante rotura electroquímica da auga. Optimiza ambos os dous procesos coa utilización de catalizadores a base de residuos agroindustriais, o que reduce custos e contribúe á economía circular. Estas investigacións son cruciais para abordar a escaseza de enerxía e a contaminación de augas con compostos tóxicos.