
O vindeiro venres 18 de xullo o Edificio Redeiras acollerá unha sesión de presentación dos detalles da convocatoria Doutoramentos Industriais 2025 da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Será a cargo de María José Mariño Fontenla, a súa directora da Área de Talento e transferencia.
O programa financiará o desenvolvemento de 15 teses de doutoramento na contorna empresarial. Estarán fundamentadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e unha universidade do Sistema Universitario de Galicia.
O mesmo día da súa publicación, venres18 de xullo, o Edificio Redeiras (Ribeira do Berbés, 11, Vigo) acollerá unha presentación cos detalles da convocatoria entre as 11:00 e as 12:00 h.
O texto da convocatoria, un resumo e o procedemento de solicitude pódense atopar nesta ligazón.
A asistencia á presentación está aberta ao persoal investigador, empresas e centros tecnolóxicos e non é necesaria a inscrición previa.