Curso “Hábitos saudables no posto de traballo”

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Curso “Hábitos saudables no posto de traballo”

21 Xullo, 2025 - 10:00 a.m.
Curso "Hábitos saudables no posto de traballo"

O Laboratorio Saudable de CINTECX lanza o curso ‘Hábitos saudables no posto de traballo’, que se celebrará nas instalacións do centro o vindeiro 21 de xullo en horario de mañá.
Trátase dun curso teórico-práctico impartido por persoal experto, cun máximo de 20 asistentes, repartidos en 2 grupos en diferentes franxas horarias (ver detalles abaixo).

Co obxectivo de fomentar hábitos saudables entre o persoal investigador e de apoio á investigación do centro, promovendo a actividade física e o deporte, as sesións abordarán os seguintes contidos:

  • Exposición teórica sobre o funcionamento da postura e a formación de hábitos saudables.
  • Análise dos postos de traballo específicos e detección de riscos.
  • Valoración individual para establecer necesidades máis evidentes e recomendacións.
  • PRÁCTICA: Execución e instrución de exercicios e rutinas. Elaboración dun plan de traballo co fin de producir cambios positivos.

Inscricións abertas ata completar capacidade: https://forms.office.com/e/3gTv7w5XAb

Detalles

Recinto