- Este evento pasou.
Xornada “A IA xerativa tamén en galego”

Persoas destinatarias
A xornada está dirixida principalmente ao profesorado universitario e ao persoal investigador das áreas técnicas, especialmente dos ámbitos da enxeñaría, informática, telecomunicación e humanidades dixitais, interesados en incorporar a intelixencia artificial xerativa na súa práctica docente e investigadora e en facelo utilizando o galego como lingua académica. Tamén pode resultar de interese para o profesorado de educación secundaria e bacharelato das materias científico-tecnolóxicas, que desexe explorar o uso da IA na aula e coñecer recursos para empregar terminoloxía técnica en galego.
Obxectivos
Os obxectivos da xornada son explorar o potencial da intelixencia artificial xerativa no ámbito académico empregando o galego como lingua de traballo, así como ofrecerlle ao profesorado referencias e orientacións prácticas para integrar estas ferramentas na docencia e na investigación.
Comité organizador
- Manuel Caeiro Rodríguez. Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo
- Benigno Fernández Salgado, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (ANL)
Inscricións
Ata o 16 de abril de 2026, mediante correo electrónico a lingua2@gmail.com, indicando nome, apelidos, DNI e colectivo (docente, investigador, alumno/a, outros).
Programa
17.15 h Inauguración
- Rebeca Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Benigno Fernández Salgado, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
17.30 – 18.30 h Mesa redonda «Recursos lingüísticos e terminolóxicos para a docencia en galego no ámbito tecnolóxico» Tratarase o papel da lingua galega no ámbito tecnolóxico nun contexto marcado polo rápido desenvolvemento da intelixencia artificial. Presentaranse recursos lingüísticos e terminolóxicos dispoñibles para a docencia en galego e reflexionarase sobre os retos e as oportunidades que presenta a IA para a nosa lingua.
- Manuel González González. Catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e director de Termigal
- Adina Ioana Vladu (ILG-USC). Investigadora posdoutoral en lingüística, recursos lingüísticos e tecnoloxías da fala, e membro do proxecto Nós
- Iolanda Galanes. Profesora titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo
18.30 – 19.30 h Mesa redonda «A IA xerativa e a práctica académica no ámbito tecnolóxico» Presentarase o libro A intelixencia artificial xerativa na práctica académica e reflexionarase sobre o impacto que están a ter as ferramentas de intelixencia artificial xerativa na docencia e na investigación. Compartiranse experiencias e recomendacións prácticas sobre como integrar estas tecnoloxías no traballo académico, desde a elaboración de materiais docentes ata o apoio á aprendizaxe e á investigación, analizando tamén os retos pedagóxicos, éticos e metodolóxicos que supón o seu uso nas áreas tecnolóxicas.
- Manuel Caeiro Rodríguez. Catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo
- Margarita Rosa Pino Juste. Catedrática do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo
- Andrea Fernández Sánchez. Profesora axudanta doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña
19.30 h Clausura da xornada
- Susana Reboreda Morillo, Vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
- Manuel Caeiro Rodríguez, enlace de galeguización da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación


