Xornada das profesións 2026

Que hai despois da universidade? En que ámbitos podes desenvolver a túa carreira profesional? Que oportunidades ofrece a enxeñaría máis alá das aulas?
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo celebra o próximo mércores 18 de novembro, ás 17:00 horas, no Paraninfo da EEI (Sede Cidade) unha nova edición da Xornada das Profesións, un encontro dirixido ao alumnado dos últimos cursos e ás persoas recentemente tituladas que queiran coñecer de primeira man as diferentes saídas profesionais da enxeñaría.
Ao longo da xornada, profesionais de diferentes sectores compartirán as súas experiencias, os retos aos que se enfrontaron e as oportunidades que atoparon ao longo da súa traxectoria. Un percorrido por distintos ámbitos de actividade, desde as pemes e grandes empresas ata a Administración pública, a docencia, o emprendemento ou o exercicio libre da profesión.
A xornada non será só un espazo para escoitar. As persoas asistentes tamén terán a oportunidade de compartir as súas inquedanzas e descubrir outras perspectivas sobre o mundo profesional. Ademais, o formulario de inscrición permitirá enviar previamente preguntas e dúbidas para que sexan abordadas durante o encontro, favorecendo así o diálogo entre relatores/as e asistentes.
A actividade está organizada conxuntamente pola Escola de Enxeñaría Industrial, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
Hai 180 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. Podes inscribirte ata o 15 de novembro a través do seguinte formulario:
Unha oportunidade para coñecer diferentes traxectorias, resolver dúbidas e descubrir novas posibilidades para o teu futuro profesional.
O programa completo publicarase proximamente na axenda da EEI.


