Axenda

  • Conferencia “TTic Talks”: IA (Ir)Responsable: Riscos e Recomendacións

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    O centro de investigación atlanTTic comeza o ciclo de conferencias “TTIc Talks”, orientado a falar dos temas esenciais en tecnoloxías de telecomunicación e servizos dixitais, xunto co seu impacto na sociedade. A primeira sesión deste ano está aberta a toda a comunidade investigadora da Universidade de Vigo, e contará coa participación de Ricardo Baeza-Yates, unha […]

  • Introdución práctica á adquisición de datos (DAQ) e LabView na Enxeñaría Moderna

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Queres explorar as aplicacións reais de adquisición de datos, automatización e sistemas de medida presentes en distintas industrias? Non perdas o 24/03 esta charla #orientaTE impartida por Jose M. Chin, Xerente de Ventas de Emerson. Inscríbete antes do 23 de marzo en Moovi!

  • Lanzamento Alerta Verde: Salva o teu centro coa Misión CINTECX

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    O vindeiro 25 de marzo ás 11:00 h CINTECX lanza o proxecto “Alerta Verde: Salva o teu centro educativo coa Misión CINTECX”, unha iniciativa desenvolvida no marco da Convocatoria de Fomento da Cultura Científica 2024, financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). “Alerta Verde” é unha proposta educativa que combina un videoxogo […]

  • Taller “Copilot como aliado no desenvolvemento, de cero a avanzado”

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Vén descubrir como usar a intelixencia artificial xerativa para o desenvolvemento de software! Descobre como transformar a túa forma de programar empregando a intelixencia artificial de Copilot. Dende os primeiros pasos ata as técnicas avanzadas de testing, seguridade e análise de ameazas, este obradoiro guiarate a través de todo o proceso, con exemplos prácticos. Impartido […]

  • Xornada de portas abertas de Teleco 2026

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Queres coñecer que portas profesionais se abren aos perfís de enxeñaría de telecomunicación? Queres coñecer as nosas instalacións? Queres saber que vantaxes terías estudando en TelecoVigo? 0 16 de abril de 2026 ás 16:30 terá lugar a III Xornada de Portas Abertas de TelecoVigo. Podes inscribirte a través do seguinte formulario:

  • 9ª Competición de Robots

    Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

    O 17 de abril de 2026 terá lugar o próximo ‘RobotFriday’. Obxectivo É un concurso que ten como obxectivo fundamental achegar a universidade ao alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato e fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM. Este evento tamén é unha oportunidade para impulsar a interconexión entre estudantes de toda a comunidade […]

  • Obradoiro “Ataques a IA e detección con ferramentas de SOC”

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Como se pode levar a cabo un ataque contra unha IA e como detectalo usando ferramentas de monitorización SOC? Non perdas o venres 17 de abril este obradoiro #orientaTE impartido por persoal de Altia. Inscrición para o alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ata o 15 de abril en Moovi.

  • Xornada “A IA xerativa tamén en galego”

    Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11, Vigo, Pontevedra, Spain

    Persoas destinatarias A xornada está dirixida principalmente ao profesorado universitario e ao persoal investigador das áreas técnicas, especialmente dos ámbitos da enxeñaría, informática, telecomunicación e humanidades dixitais, interesados en incorporar a intelixencia artificial xerativa na súa práctica docente e investigadora e en facelo utilizando o galego como lingua académica. Tamén pode resultar de interese para […]

  • Xornada de información sobre mestrados da EET ao alumnado de grao

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Estás nos últimos cursos do grao #telecoVigo (ou incluso doutros graos) e non tes claro que mestrado facer cando remates? Nesta sesión poderás informarte sobre os 7 mestrados dispoñibles na Escola: Mestrado universitario en Enxeñaría de Telecomunicación (MET) Mestrado interuniversitario en CiberSeguridade (MUniCS) Mestrado en Matemática Industrial (M2i) Mestrado Internacional en Visión por Computador (imcv) […]

  • Laboratorio e Demostrador Ciber(in)seguridade industrial e casos prácticos – Sesión 1

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Estudas na EET e queres mergullarte no mundo da ciberseguridade industrial, aprendendo a usar honeypots, xestionando acceso remoto e simulando ataques reais? Inscríbete neste obradoiro a través da materia #orientaTE en Moovi. Impartido por persoal de InproTec e Tecdesoft. Será na aula T109 da EET.

  • IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Máis de 200 estudantes de 24 institutos de toda Galicia participan na IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade, unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación, COITT. 10.00 - 12.00:  Presentación de proxectos de ESO (4 minutos por […]

  • II Olimpíada da Enerxía

    Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía UVigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, Spain

    A Olimpíada da Enerxía é un proxecto de divulgación científica, organizado desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía que ten como obxectivo principal ampliar o coñecemento e a comprensión da ciencia e tecnoloxía do alumnado preuniversitario de Galicia, traballando contidos de disciplinas STEM relacionadas co sector enerxético (recursos enerxéticos, xeración e distribución […]