• IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Máis de 200 estudantes de 24 institutos de toda Galicia participan na IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade, unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación, COITT. 10.00 - 12.00:  Presentación de proxectos de ESO (4 minutos por […]

  • II Olimpíada da Enerxía

    Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía UVigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, Spain

    A Olimpíada da Enerxía é un proxecto de divulgación científica, organizado desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía que ten como obxectivo principal ampliar o coñecemento e a comprensión da ciencia e tecnoloxía do alumnado preuniversitario de Galicia, traballando contidos de disciplinas STEM relacionadas co sector enerxético (recursos enerxéticos, xeración e distribución […]

  • Charla “Enxeñaría acústica en voo. Medicións a 12 km de altitude”

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Nesta charla #orientaTE poderás aprender que implican as medicións acústicas a bordo de aeronaves en voo. A cargo de Paúl Rodríguez, enxeñeiro de probas acústicas de voo en Airbus. Mércores, 29 de abril de 2026, de 12:00 a 13:00 na sala acristalada (A010), EET. Inscrición para o alumnado ata o 27 de abril a través […]

  • Defensa da tese Deep Learning aplicado ao radar para monitorizar firmes

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    O próximo 29 de abril ás 11:00 h Ahmed Elseicy defenderá a súa tese doutoral, titulada: 🔬 “Deep Learning-based interpretation of ground penetrating radar for pavement condition monitoring” A investigación céntrase na aplicación de técnicas de deep learning para a interpretación de radar de penetración terrestre, contribuíndo ao avance na vixilancia do estado de firmes. 👨‍🏫 […]

  • Laboratorio e Demostrador Ciber(in)seguridade industrial e casos prácticos – Sesión 2

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Estudas na EET e queres mergullarte no mundo da ciberseguridade industrial, aprendendo a usar honeypots, xestionando acceso remoto e simulando ataques reais? Inscríbete neste obradoiro a través da materia #orientaTE en Moovi. Impartido por persoal de InproTec e Tecdesoft. Será na aula T109 da EET.

  • When Do LLMs Memorize? Foundations, Privacy Attacks, and Multilingual Insights

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    atlanTTic organiza unha nova sesión do ciclo TTic Talks, unha serie de conferencias orientadas a explorar cuestións clave no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación, servizos dixitais e o seu impacto na sociedade. Nesta ocasión contará coa participación de Qiongxiu Li, investigadora e profesora da Universidade de Aalborg (Dinamarca). O seu traballo céntrase na aprendizaxe automática, o procesamento […]

  • Inauguración da exposición do IV Concurso de Fotografía AIIG/ICOIIG

    Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

    Exposición IV Concurso de Fotografía AIIG/ICOIIG "Enxeñaría Industrial na Sociedade". O 30 de abril ás 12:30 inaugúrase na Sede Campus da EEI a exposición das fotografías finalistas do IV Concurso de Fotografía da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).

  • LPRO Days 2026 no Verbum

    Verbum Avenida de Samil, 17, Vigo, Pontevedra

    LPRO, Laboratorio de Proxectos, é unha materia obrigatoria do segundo cuadrimestre de 4º curso na que o estudantado aborda proxectos interdisciplinares. Cada equipo –conformado por entre 5 e 7 estudantes e 2 docentes– traballa no deseño e implementación (hardware e software) dun prototipo que dea solución a unha problemática previamente proposta. No equipo do estudantado […]

  • LPRO Days 2026: exposición de proxectos

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    LPRO, Laboratorio de Proxectos, é unha materia obrigatoria do segundo cuadrimestre de 4º curso na que o estudantado aborda proxectos interdisciplinares. Cada equipo –conformado por entre 5 e 7 estudantes e 2 docentes– traballa no deseño e implementación (hardware e software) dun prototipo que dea solución a unha problemática previamente proposta. No equipo do estudantado […]

  • Redes de Audio: conexión dixital de equipos de son en concertos, estudios e instalacións permanentes

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    O próximo martes 12, Suso Ramallo achégase de novo á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para compartir a súa dilatada experiencia como técnico de son. A súa charla centrarase nas redes de son. Se estudas na escola, inscríbete antes do 11/5 na materia #OrientaTE en Moovi. Martes, 12 de mayo de 2026, 12:00 - 14:00 […]

  • Curso escáner 3D Artec Eva e Artec Spider II

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    CINTECX organiza un curso de habilitación en modalidade de autoservizo dos equipos da área de Enxeñaría Inversa: escáner 3D portátil Artec Eva e escáner 3D portátil Artec Spider II, impartido polo responsable científico Eduardo Suárez Porto da área de Enxeñaría Inversa. Data: 14 de maio Hora: 10:00-12:00h Lugar: Auditorio do CINTECX. Inscricións: No seguinte formulario ata […]

  • Pint of Science Vigo 2026

    O festival de divulgación científica Pint of Science volve a Vigo este mes de maio, os días 18, 19 e 20. O programa poderase consultar en https://pintofscience.es/events/vigo/