Axenda

  • III Xornada “A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais. Unha mirada desde a experiencia persoal”

    Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía UVigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, Spain

    Venres, 26 de setembro de 2025 Aula de Graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (presencial) En liña: enviarase ligazón despois da inscrición previa en https://forms.gle/gUMghXHPac5QKWye7 Este evento dá continuidade ás xornadas celebradas nos anos 2019 e 2022, e ten como obxectivos: • Divulgar e formar na posibilidade de traxectorias profesionais diversas a […]

  • G-Night 2025: noite galega das persoas investigadoras

    Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11, Vigo, Pontevedra, Spain

    A Noite europea das persoas investigadoras é un evento de divulgación científica da Unión Europea, asociada ás Marie Sklodowska Curie  Actions (identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2023-CITIZENS-01. Marie Skłodowska Curie Actions European Researchers’ Night 2024-2025). Este ano 2025, Galicia únese por quinta vez a centos de cidades europeas que tamén celebran actividades no marco desta iniciativa europea. […]

  • Charla “Café e Máis Alá da Fibra”

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Dentro do programa integraTE, patrocinado pola Cátedra Indra, o vindeiro mércores 1 de outubro ás 13:00, celebrarase no Salón de Actos da EET a primeira charla do ciclo “Café & …” desta vez centrada en que hai máis alá da fibra e como se crea un operador de telecomunicacións. Esta charla correrá a cargo de […]

  • Seminario “Advancements in AI and Sensor Technologies for Infrastructure Monitoring and Optimization”

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    O vindeiro 2 de outubro, a investigadora Zhouyan Qiu, Profesora Asistente da School of Robotics, Xi’an Jiaotong-Liverpool University de China, impartirá o seminario: Advancements in AI and Sensor Technologies for Infrastructure Monitoring and Optimization in Urban and Indoor Environments Data: 2 de outubro Horario: de 12:00h a 13:00h Lugar: Auditorio do CINTECX Contido: Compresión de […]

  • Seminario: Intelligent sampling for scientific model discovery: Learning to optimize and optimizing to learn

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    O vindeiro 6 de outubro Ana Larrañaga, investigadora postdoutoral na Universidade de Washington (Seattle, E. UU.), impartirá o Seminario Intelligent sampling for scientific model discovery: Learning to optimize and optimizing to learn. Data: 6 de outubro de 2025 Horario: 10:00 a 11:00 Lugar: Auditorio do CINTECX As inscricións estarán abertas ata completar capacidade a través […]

  • A excelencia como camiño cara ao espazo

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    No marco das actividades da Semana Mundial do Espazo en Galicia promovidas pola Xunta de Galicia, o mércores 8 de outubro de 2025 celebrarase no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo a xornada “A excelencia como camiño cara ao espazo”. Programa 10:45 h. Benvida da Universidade de Vigo. Mónica Valderrama, […]

  • 10º Aniversario do CNCF

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    A CNCF (Cloud Native Computing Foundation) é unha organización que promove a adopción de tecnoloxías de computación nativa na nube. Forma parte da Linux Foundation e foi creada para axudar a desenvolver e manter proxectos de código aberto que facilitan a construción e operación de aplicacións en ambientes de nube. A CNCF cumpre 10 anos […]

  • II Feira de Minerais de Vigo

    Centro Comercial Plaza Elíptica Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, Vigo, Pontevedra, Spain

    Na II Feira de minerais de Vigo participan catorce expositores de minerais, xemas, fósiles e xoiaría. Alén da parte expositiva o encontro ofrece diversas charlas e obradoiros. Unha das conferencia sdestacadas será impartida polo paleontólogo Juan Carlos Escudero. Será sobre a extinción dos dinosauros. A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía participa organizando obradoiros […]

  • Xornadas Portas Abertas CINTECX 2025

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    Os vindeiros días 16 e 17 de outubro, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais do Campus Vigo Tecnolóxico, CINTECX, celebrará as súas xornadas anuais de portas abertas co obxectivo de achegar a ciencia e a innovación á sociedade. Unha vintena de investigadoras e investigadores amosarán o seu traballo en áreas punteiras […]

  • 40 anos da Enxeñaría de Organización na EEI. 4ª xornada: os enxeñeiros de organización e a alta dirección

    Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

    Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos —hoxe profesionais—, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia. O martes 21 de outubro, de 12:00 a 14:00 horas, terá lugar […]

  • Charla “Café e Transistores GaN en sistemas de defensa”

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Dentro do programa integraTE, patrocinado pola Cátedra Indra, o vindeiro mércores 22 de outubro ás 13:00 teremos no Salón de Actos a segunda charla do ciclo “Café & …” desta vez centrada nos usos dos transistores GaN. Esta charla está deseñada para estudantes con curiosidade por saber como funcionan os sistemas que permiten traballar tecnoloxías […]

  • Xornada de presentación Cámara Aberta CINTECX á mulleres e homes STEM

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    O vindeiro 24 de outubro terá lugar a xornada de presentación da iniciativa ‘Cámara Aberta CINTECX a mulleres e homes STEM’. Esta iniciativa recolle as testemuñas gravadas de investigadoras e investigadores do centro que nos achegan ao seu día a día, amosando como integran a súa carreira profesional coa vida persoal. Coincidindo cunha data próxima […]