12 novas para despedir 2025

Vigo TecnolóxicoActualidade12 novas para despedir 2025
Ata sempre, sempre, sempre, 2025

A escolma ponse cada ano máis difícil!

Como as badaladas seguen a ser 12 e non 24, como as horas do día, tivemos que pensar moi, moi ben que novas seleccionar este decembro de entre todas as que nos brindan as persoas que estudan, traballan na docencia, na investigación, nos distintos servizos e administración da universidade ou colaboran nas asociacións estudantís.

Houbo aniversarios importantes, como os dez anos da Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial, os quince do centro de investigación atlanTTic, corenta de Organización Industrial ou as vinte e cinco edicións do Foro Tecnolóxico de Emprego. É difícil seleccionar entre as numerosas propostas en materia de investigación, e aquí non podemos deixar de mencionar Facendo Plus, un proxecto intimamente ligado con Vigo Tecnolóxico que hai poucos meses fixo balance ao chegar ao seu ecuador. Nunca faltan as iniciativas con perspectiva social, nin tampouco en materia de igualdade, porque precisamos seguir avanzando. Tampouco queremos esquecer outras citas anuais que ano a ano tratan de superarse, nin actividades tan necesarias como as xornadas de portas abertas.

Foron moitos os encontros, e tamén houbo algunha despedida, coma a de Domingo Docampo Amoedo, que se xubila logo de ser director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación (1988-1990), director do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións (1991-1993 e 1996-1998) e reitor da Universidade de Vigo (1998-2006).

Sen máis dilación, velaquí a nosa colleita do ano:

O último en tecnoloxías de automatización industrial, nas JAI’2025

O ano comezou forte coas JAI, Jornadas de Automatización Industrial. Ademais, en coincidencia con este evento naceron as Jornadas de Ingeniería Biomédica

O potencial da aprendizaxe colaborativa, en Minas e Enerxía

Aproveitamos para destacar outro proxecto con perspectiva social: TIRIS: un proxecto de cooperación co Sáhara Occidental impulsado desde Minas e Enerxía

40 anos de Organización Industrial

A Escola de Enxeñaría Industrial conmemorou o 40 aniversario da primeira promoción desta especialidade, e fíxoo con varios actos.

Belén Riveiro, de CINTECX, Premio Agustín de Betancourt y Molina da RAING

CINTECX e Aimen presentan “Mulleres que lideran”

O Foro Tecnolóxico de Emprego acada a súa máxima excelencia en 25 anos

Facendo Plus supera o seu ecuador tras investir 13,8 millóns de euros e rexistrar 12 patentes

“The Mind Guardian”, aplicación contra a deterioración cognitiva, premiada polos seus beneficios sociais

Ignacio Pérez Rey, do CINTECX, recibe o premio IRM Young Rock Engineer Award 2025

UVigo SpaceLab integra a súa cámara experimental no vehículo que a levará á súa órbita

O Vigo Quantum Communication Center presenta na Expo de Osaka 2025 os seus avances dentro do proxecto QSI

Varias das novas do ano reflicten os avances punteiros en comunicacións cuánticas que se están a conseguir no campus:

O grupo GTA de atlanTTic participa no proxecto Optimas de comunicacións seguras

O Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas de Galicia acada un retorno de máis de 10 M€

Unha nova liña de comunicación cuántica une o VQCC da UVigo con Santiago de Compostela

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario facendo balance e mirando cara o futuro

Bo 2026!